OBRADOIROS DE VERÁN 2015 DA ESCOLA MUNICIPAL TEATRO

luns, 22 xuñ 2015

A Escola Municipal de Teatro,realiza no mes de xullo de 2015 tres Obradoiros de: DANZA PARA ACTORES, INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA e TEATRO MUSICAL CONTEMPORÁNEO,nas instalacións da EMT, avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.O prazo de preinscrición finalizará o 23 de xuño.

Proxección de "Islas, Náufragos Invisibles" de Miguel Núñez

mércores, 13 mai 2015

O vindeiro venres, 15 de maio ás 19:00 h na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios terá lugar a proxección "ISLAS, NÁUFRAGOS INVISIBLES" do fotógrafo Miguel Núñez. Trátase dunha montaxe de imaxe e son, na que se propón unha reflexión sobre o sinxelo que pode ser estar á marxe da sociedade, ou ser invisibles.

O Concello de Vigo deu comezo ás VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar

martes, 5 mai 2015

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistíu este martes a primeira das sesións deste evento. Os días 5, 6, 7, 11 e 12 de maio, o Auditorio do Concello, alberga as VI XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participan 320 actores e actrices noveis pertencentes a 13 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as dos grupos de Expresión Dramática da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

O goberno de Vigo reedita o convenio con FOANPAS para conceder 5.000 axudas de libros e comedor escolar

xoves, 23 abr 2015

O alcalde de Vigo rubricou na tarde de onte mércores o convenio cos responsables da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo, segundo o cal o Concello adica máis de 606.000 euros a financiar actividades formativas e extraescolares e as achegas para libros e comedor. Abel Caballero explicou que o goberno que preside concede 5.000 bolsas de libros e comedor escolar.