martes, 15 set 2015
Abel Caballero acudíu este martes ao instituto, un centro "moi notable" na cidade e "moi activo", que conta con cooperación municipal en distintas iniciativas e do que parten 35 alumnos e alumnas a Inglaterra cunha bolsa de estudos do Concello de Vigo. En Secundaria e Bacharelato, hoxe arrancan o curso en Vigo un total de 14.801 estudantes.
xoves, 10 set 2015
Por mor do inicio do curso, o alcalde de Vigo visitou este xoves o CEIP García Barbón, onde o goberno local concluíu este verán os traballos de ampliación do comedor escolar, prácticamente duplicando as prazas do mesmo. Ademais, Caballero informou do comezo tamén hoxe do plan de tráfico en colexios que, en liñas xerais, funcionou con normalidade durante esta primeira xornada.
xoves, 10 set 2015
Abel Caballero informou que a Xunta de Goberno Local acordou este xoves o envío da notificación ao Centro Asociado da UNED para o traslado das ensinanzas de grao ás novas instalacións do Auditorio Mar de Vigo. Ademais, o rexedor anunciou que se construirá un espazo de lectura na nova localización porque nestes momentos non hai oferta dabondo.
luns, 7 set 2015
O alcalde reclamou este luns a autorización da Xunta de Galicia para que o Concello poida abrir as escolas infantís de Navia e Mestres Goldar, xa concluídas, con partida orzamentaria e adxudicada a súa xestión. Caballero recordou que, sumando as 162 prazas destas dúas, o Concello ten máis do dobre de vacantes de educación infantil que á chegada de Caballero á Alcaldía.
venres, 4 set 2015
O alcalde achegouse este venres ao CEIP Pintor Laxeiro onde se están acometendo obras de mellora da accesibilidade e a construción dunha aula de psicomotricidade. Durante a visita explicou que o Concello está realizando durante este verán traballos de reparación e mantemento en 28 centros educativos públicos vigueses.
xoves, 27 ago 2015
O alcalde de Vigo informou este xoves da decisión de solicitar que a sede viguesa da Universidade Nacional de Educación a Distancia ofreza oito novas titulacións: Estudos Ingleses, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia, e Historia da Arte. Así, desde o próximo curso 2016-2017 a UNED de Vigo impartiría un total de 13 graos, cubrindo o 80% da demanda existente, apuntou Caballero.
venres, 7 ago 2015
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao CEIP García Barbón onde se está a ampliar o comedor e a construír na pranta baixa uns baños e un vestiario. O alcalde incluíu esta obra nos traballos de posta a punto que está a realizar o Concello en 28 centros públicos da cidade.
xoves, 30 xul 2015
O alcalde avanzou hoxe xoves que en setembro se rubricará o acordo que permitirá trasladar a Uned ao Auditorio Mar de Vigo. Así o dixo durante a visita ás obras de restauración e conservación que se veñen de realizar na sede do Casco Vello, cun orzamento de 45.000 euros.
venres, 3 xul 2015
O Auditorio Mar de Vigo será o lugar no que as familias dos 416 beneficiarios das bolsas de inglés participen o próximo día 7 de xullo nunha charla informativa. Tal e como explicou o rexedor, desde o ano 2008 xa son preto de 2.600 alumnos os que gozaron dunha estancia en réxime de inmersión lingüística.
venres, 26 xuñ 2015
O venres 26 de xuño ás 19:00, inaugurase a exposición "O Feo" no Espazo Emao. Dentro da programación anual da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inclúese, ao remate de cada curso académico, a producción dunha exposición dos resultados materiais e simbólicos dun proxecto -proposto no claustro do profesorado- que, partindo dunha idea xeradora única, interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres.