O alcalde anuncia a realización dunha auditoría enerxética para mellorar o sistema térmico dos colexios públicos

mércores, 16 nov 2011

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á solicitude dunha subvención para realizar a auditoría en nove centros de Infantil e Primaria de Vigo, co dobre obxectivo de mellorar o sistema de calefacción e, a través do aislamento, aforrar consumo e emitir menos gases de efecto invernadoiro. Abel Caballero adiantou este mércores que "imos estendelo a todos os colexios públicos de Vigo".

Ao longo do presente ano, teñen participado 2355 escolares de 13 centros escolares da nosa cidade, pertencentes a 130 aulas de educación infantil e primaria

A Concellería de Educación culmina con grande éxito de participación a "Mostra Itinerante 2011"

mércores, 9 nov 2011

A "Mostra Itinerante 2011", iniciativa didáctica municipal que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, remata unha nova edición este mércores 9 de novembro no Ceip García Barbón, na procura de seguir contribuíndo a desenvolver a creatividade no alumnado de educación infantil e primaria, a través do achegamento a arte no propio contexto escolar.

Caballero informa da concesión de 62.000 euros para 48 asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos

martes, 8 nov 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da tramitación dos pagos da achegas a 48 asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas doutros tantos centros públicos de Vigo, unha achega total de 62.000 euros "consignada, pactada e acordada", sobre a que a edil de Educación, Raquel Diaz, informa hoxe aos responsables da Federación Olívica de ANPAS.

O Consello Escolar de Vigo reproba a política educativa da Xunta

venres, 4 nov 2011

O Consello Escolar Municipal reprobou as medidas e actuacións que a Xunta está a por en práctica en detrimento do ensino e, en especial, do ensino píblico. Tamén aprobou o plan de traballo anual sobre mapa escolar, comedores, instalacións deportivas e infraestructuras e mantemento. Estes acordos tomáronse na sesión plenaria do Consello celebrada o pasado día 3 de novembro no Instituo Municipal de Educación.

O rexedor trasladará ao Pleno a solicitude do centro educativo Rosalía de Castro para ser nomeado Vigués Distinguido

mércores, 2 nov 2011

Abel Caballero entrevistouse este mércores coa asociación do centro educativo Rosalía de Castro, que está a celebrar o seu 50 aniversario, para solicitoulle ao alcalde vigués que considere designar á entidade Vigués Distinguido no próximo mes de marzo. O primeiro edil, quen eloxiou o traballo do centro, indicou que trasladará a petición ao Pleno da Corporación.

O goberno local contrata a construción dunha escola infantil municipal na Doblada

venres, 28 out 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres a contratación en Xunta de Goberno Local dunha nova escola infantil municipal en Martínez Garrido 29, para o que o Concello adica 300.000 euros. Trátase do segundo centro infantil contratado polo goberno nunha semana, tras o aprobado o pasado venres para Navia. O rexedor recordou que as escolas de Tomás Alonso e Casiano Martínez están "a punto de abrir".

Os comedores escolares desenvolven o programa "Pescado la Mar de Sano"

xoves, 27 out 2011

Este venres 28 os 31 comedores escolares que xestionan as Anpas dos centros públicos de educación infantil e primaria, no marco do convenio de colaboración que ten asinado o Concello de Vigo e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnos/as (FOANPAS), acollerán a xornada didáctica "Pescado la mar de sano" de fomento do consumo de peixe entre os 2.300 escolares usuarios deste servizo complementario.

O alcalde informa da saída a licitación dunha nova Escola Infantil municipal en Navia, cun orzamento de 700.000 euros

venres, 21 out 2011

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a licitación do proxecto básico e de execución para as obras de construción dunha escola infantil municipal en Navia, para o que o goberno local adica 700.000 euros. Caballero recordou que en próximos meses comezarán a funcionar as de Tomás Alonso e Casiano Martínez, e Mestres Goldar ten partida para continuar coas obras. O goberno conta ademais con 300.000 euros para proxectos de escolas infantís en A Seara, Lavadores e A Doblada.