Concerto presentación da Escola de Rock do concello portugués de Paredes de Coura no auditorio municipal
Coa colaboración do Concello de Vigo, o vindeiro sábado 16 de xaneiro, ás 19,00h, no Auditorio municipal de Vigo e con entrada libre, recalará a xira de presentación do proxecto "Escola do Rock de Paredes de Coura". A xira completarase con outras actuacións en Ponte de Lima (17 de xaneiro), Monçao (6 de febreiro) e Porto (7 de febreiro), polo que a de Vigo será a única cita fóra de Portugal.

Este proxecto está promovido pola Cámara municipal de Paredes de Coura, e no concerto de presentación participan 32 alumnos, 5 profesores e 3 técnicos que, a través da execución dun repertorio de grandes éxitos do rock, demostrarán o aprendido nesta segunda edición desta actividade formativa que se desenvolveu no concello portugués entre os días 18 e 22 de decembro do pasado ano.
Descargar todas as imaxes