Escoitar

O rexedor reclama á Xunta que atenda as necesidades dos centros públicos vigueses

O alcalde reuniuse este mércores con directores e directoras de centros públicos de Ensino Infantil e Primario que lle manifestaron a urxencia de acometer reformas para arranxar danos, cubrir patios ou ampliar comedores e bibliotecas e comprometeuse a demandarlle á Xunta que atenda estas demandas.

mércores, 20 xan 2016
1453299291colegios.jpg
Unha representación da Asociación de directores de centros públicos de Educación Infantil e Primaria de Vigo mantivo un encontro este mércores co alcalde con quen analizaron o estado e as necesidades dos arredor de 50 colexios que hai na cidade.

Segundo o rexedor, os responsables dos centros detectan "desatención por parte da Xunta de Galicia" no relativo ás reformas dos edificios que se veñen deteriorando nos últimos anos así como a necesidade de cubrir os patios, ampliar os comedores e os espazos educativos como as bibliotecas. Estas demandas e a reforma de todos os centros públicos da cidade serán abordadas nunha próxima reunión convocada polo Concello, aínda sen data, na que participarán os directores e directoras dos mesmos.

Abel Caballero lembrou que na entrevista que mantivo co presidente da Xunta en xullo de 2015 trataron a posibilidade de asinar un convenio para acometer as obras necesarias nos centros e anuncia que "retomamos o proxecto e volveremos propoñerllo á Xunta para que de forma inmediata fagamos obras que non poden esperar".
Descargar todas as imaxes