Escoitar

<br /> O Auditorio Municipal acolle mañá o estreo do segundo documental sobre o Discamino

Logo do éxito de O Camiño dos Sentidos, protagonizado polo policía local Javier Pitillas, que percorre etapas do Camiño de Santiago con persoas con discapacidade, mañá estréase Diario dun camiño. A exhibición será no Auditorio Municipal ás 20,00 horas e conta, unha vez máis, co apoio do Concello, tal e como explicou o rexedor.

mércores, 20 xan 2016
1453299482discamino.jpg
Abel Caballero recibiu este mércores á produtora do documental sobre o Discamino, protagonizado polo axente da Policía Local de Vigo, Javier Pitillas, que percorre etapas, entre outros, do Camiño de Santiago con persoas con discapacidade, empregando bicicletas adaptadas.

O novo documental estrearase mañá xoves no Auditorio Municipal do Concello de Vigo e leva por título Diario dun Camiño. No 2009, a mesma temática xa fora obxecto doutro proxecto audiovisual, O Camiño dos Sentidos, onde se amosaban as fazañas dun rapaz cego e xordo de Vigo, Gerardo Fernández, xunto a Javier Pitillas.
Descargar todas as imaxes