O goberno local ofrecerá 600 bolsas para aprender inglés no estranxeiro en 2016
O rexedor deu a coñecer este mércores a aprobación das bases da convocatoria das bolsas do Concello para estadías de aprendizaxe lingüística destinadas aos estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo para o ano 2016. Concederanse 47 bolsas por un importe de 80.000 euros, unha cifra que aumentará coa oferta de ata 600 axudas o vindeiro ano porque, segundo Abel Caballero "é moi importante aprender idiomas".
O alcalde informou esta mañá da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local das bases da convocatoria das bolsas do Concello para estancias lingüísticas no estranxeiro de alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O goberno municipal oferta 47 bolsas para estadías de aprendizaxe en Inglaterra, Francia, Alemaña, Italia, Portugal, Xapón e China.
O Concello ofrece 47 bolsas por un importe de 80.000 euros para os vigueses e viguesas matriculados neste centro que teñan aprobados dous cursos e que se outorgarán por criterios de cualificación e renda. Segundo o rexedor, as bolsas "funcionan excepcionalmente ben. Entrevisteime con mozas e mozos e volven encantados co procedemento" e considera "moi importante aprender idiomas", polo que o sistema se ampliará o vindeiro ano con máis axudas: "en 2016 daremos 600 bolsas".