Escoitar

Xunta de Goberno Local

mércores, 11 nov 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 12 DE NOVEMBRO DE 2015.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 28 de outubro e ordinaria do 30 de outubro de 2015.

DIRECCIÓN DE INGRESOS
2.- Toma en consideración dos escritos presentados en período de exposición pública das modificacións de Ordenanzas fiscais para o exercicio 2016. Expte. 2211/500.

CONTRATACIÓN
3.- Instrucións para a planificación da contratación municipal. Expte. 5430/241.

4.- Clasificación de ofertas para a contratación do servizo corporativo de impresión. Expte. 7075/113.

5.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación da subministración de vestiario para o persoal municipal. Expte. 71366/250.

CULTURA
6.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo da Área de Cultura no mes de outubro de 2015. Expte. 610/330.

7.- Subvención á Asociación Cultural Vertixe e proxecto de convenio para a realización da "VERTIXEVIGO 15 Festival Internacional de creación musical contemporánea". Expte. 15119/331.

DEPORTES
8.- Proposta de autorización para a organización do evento deportivo denominado I Cross Frian-Teis, o vindeiro 15 de novembro. Expte. 14492/333.

EDUCACIÓN
9.- Bases da convocatoria de bolsas "Concello de Vigo " de Estancias Lingüísticas no estranxeiro de alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV)- ano 2016. Expte. 17412/332.

FESTAS
10.- Pagamento dos dereitos de autor xerados polos espectáculos do Programa "Vigo en Festas 2015". Expte. 6237/335.

11.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no Servizo de Festas durante o mes de outubro de 2015. Expte. 6255/335.

IGUALDADE
12.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no Servizo de Igualdade durante o mes de outubro de 2015. Expte. 6890/224.

SERVIZOS ENERXÉTICOS
13.- Transferencia á conta da "Fundación da Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo" (FAIMEVI)- cota ano 2015. Expte. 15961/444.

URBANISMO
14.- Aprobación inicial do Proxecto de modificación puntual nº 13 do PXOM de Vigo no ámbito da "AOD A-4-76-SEARA". Expte. 14606/411.

15.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 12 de novembro de 2015, ás 13,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 10 de novembro de 2015.
CCA/me.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.