Novo curso de narración oral
O xoves 12, comeza un novo curso de narración oral no Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV).O principal obxectivo deste curso é crear novos e novas contadores de historias para continuar con esta tradición tan arraigada entre a nosa xente. Mais tamén transmitir historias e saberes de sempre e sermos quen de achegárllelas a xente cativa, mozo, adulta...
De feito, alumnado de anos anteriores está xa levando os seus contos e saberes por centros de ensino, escolas infantís, asociacións...
O curso será impartido por Ana Carreira (novembro-decembro); por Paula Carballeira e Raquel Queizás xa no vindeiro ano, 2016.
O CIOV está no IME (no camiño do Chouzo, 2). O horario do curso é de 17.00 a 21.00 h os días 12, 19 e 26 de novembro e o 3,10 e 17 de decembro.
Descargar todas as imaxes