O Concello cede á Fundación IgualArte o uso dun inmoble de dúas plantas na rúa Palencia
O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro coa presidenta da Fundación IgualArte, para oficializar a cesión do uso dun edificio de dúas plantas na rúa Palencia. Tal e como explicou o rexedor, o inmoble, de dúas plantas, adáptase ás necesidades educativas dos usuarios da entidade.
O Concello cede á Fundación IgualArte o edificio do número 34 da rúa Palencia, un inmoble de dúas plantas, de 300 m2 cada unha, para que esta entidade poida desenvolver o seu "innovador" proxecto formativo. A edificación adáptase ás necesidades educativas da Fundación, que traballa con persoas con discapacidade intelectual a través da arte e da música. O obxectivo, lembrou o rexedor, é que os usuarios desenvolvan a súa autoestima e autonomía, ao tempo que se favorece a súa integración e interrelación.
Descargar todas as imaxes