Escoitar

As escolas municipais de música e artes escénicas celebran na rúa as festas do Nadal

Durante toda a semana do 14 ao 18 de decembro, as escolas municipais de música e artes escénicas dependentes da Concellería de Educación do Concello de Vigo (Escola municipal de música de Vigo -EMMV-, Escola municipal de música folk e tradicional -ETRAD-, Escola municipal de danza -EMD- e Escola municipal de teatro -EMT-), farán a súa aportación ao ambiente deste Nadal na rúa do Príncipe, ao carón do MARCO, mediante pequenas actuacións de formacións propias de cada escola.

xoves, 10 dec 2015
1449751596etrad.jpg
Con estas actividades o Concello de Vigo quere sacar á rúa, novamente, ás súas escolas municipais de música e artes escénicas, co obxectivo de que a cidade coñeza e disfrute co bo facer dos seus participantes, dándolle máis vida e cor ás súas rúas, nunhas datas sinaladas.

Deste xeito, dende o luns 14 de decembro e ata o venres 18, ofertarán o seguinte programa de actuacións na rúa, na contorna do MARCO (Museo de arte contemporánea de Vigo), na rúa do Príncipe da cidade:


ACTIVIDADES NA RÚA DO PRÍNCIPE - MARCO:

Data: luns 14/12/2015
Hora: 19,00h
"Coros da Escola municipal de música de Vigo (EMMV)"

Data: martes 15/12/2015
Hora: 19,00h
"Banda de gaitas e pandereiteiras da Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD)"

Data: mércores 16/12/2015
Hora: 19:00h
"Banda infantil e Banda sinfónica da EMMV"

Data: xoves 17/12/2015
Hora: 19,00h
"Grupos de danza, canto e percusión da Escola municipal de danza (EMD)"

Data: venres 18/12/2015
Hora: 18,00h
"Combos de adultos da EMMV"

Data: venres 18/12/2015
Hora: 19:30h
"Performances da Escola municipal de teatro (EMT)"
Descargar todas as imaxes