Caballero celebrará reunións cos alcaldes e alcaldesas de 13 concellos da área metropolitana
O alcalde de Vigo anunciou hoxe xoves que manterá este sábado un encontro cos seus homólogos e homólogas de Nigrán, O Porriño, Gondomar, Tui, A Guarda, Vilaboa, Mondariz e Fornelos, xunto aos primeiros tenentes de alcalde de Ponteareas e Moaña. O luns, Caballero reunirase cos rexedores de Ponteareas e Salceda e o martes, cos máximos responsables de Cangas, Moaña e Tomiño.
"Claro que vai haber Área Metropolitana, e vai ser pronto, ademais". Así o asegurou este xoves Abel Caballero ante os medios de comunicación, tras anunciar que manterá unha serie de reuniones cos alcaldes e alcaldesas de trece concellos da área viguesa.
Sobre a modificación da lei de Área Metropolitana, o rexedor vigués explicou que existe un "consenso" e un modelo compartido por mandatarios que gobernan a máis do 80% da poboación, polo que valorou positivamente a convocatoria destas reunións, e mostrouse disposto a entrevistarse co alcalde que o solicite.