venres, 11 decembro 2015

O goberno municipal aluga tres plantas do Mar de Vigo para emprazar unha biblioteca e a UNED<br />

A Xunta de Goberno Local adoptou este venres a decisión, que suporá o traslado das aulas da UNED de Vigo á terceira planta do Auditorio Pazo de Congresos, a apertura dun espazo de lectura na segunda e un novo proxecto educativo-cultural no primeiro andar. O alcalde xa adiantou que solicitará a impartición en Vigo de novas carreiras desta Universidade, que se sumen ás 13 titulacións xa concedidas.

O alcalde salienta o apoio das entidades sociais, veciñais e deportivas á proposta do Concello de retomar o Plan do ano 2008

venres, 11 dec 2015

Logo do encontro mantido con representantes de 25 organizacións representativas da cidade este venres no Concello, o rexedor sinalou o "grande consenso" existente para retomar o Plan de 2008 e levalo adiante cunha tramitación rápida, solicitando a declaración de supramunicipalidade á Xunta nalgúns casos. Ademais, incidiu na vixencia das licenzas concedidas ao amparo do plan anulado polo Supremo.

Encontros co artista Mingos Teixeira na exposición "Alicia no país das marabillas"

venres, 11 dec 2015

O artista Mingos Teixeira oferta unha serie de encontros coas persoas presentes en sala para a exposición "Alicia no país das marabillas", que ten lugar na planta baixa da Casa das Artes ata o 10 de xaneiro de 2016. Os encontros serán os domingos 13 e 27 de decembro, 3 e 10 de xaneiro, de 12:30 a 14:00 h; e os mércores 16, 23 e 30 de decembro, de 19:00 a 20:30 h. <br /> <br />

Concerto do grupo Ladibain o 13 decembro

venres, 11 dec 2015

A Concellería de Cultura programa o domingo día 13 de decembro un concerto do grupo LADIBAIN, que terá lugar ás 20:00 h no Teatro Afundación Vigo. Baixo o título "La vie en rose, unha viaxe musical con Ladibain", ofrécese un espectáculo no que a interpretación está acompañada de diálogos e escenificación dos intervenientes, que serve de fío condutor entre as diferentes interpretacións.

B A N D O de mobilidade co gallo das festas do Nadal

venres, 11 dec 2015

Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións: