mércores, 9 decembro 2015

Vigo, única cidade de España co orzamento de 2016 aprobado

Os votos do goberno de Vigo validaron este luns as contas para o ano que vén, un orzamento de "marcado carácter social", en verbas do concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, que ascende a 225,9 millóns. O alcalde, Abel Caballero, valorou que a "estabilidade política" no Concello permite a Vigo ser a única entre as "cidades importantes" do Estado en ter o seu orzamento do 2016 xa aprobado.

O Concello cederá solo á Fundación Amancio Ortega para a construción dunha escola infantil

mércores, 9 dec 2015

O alcalde mantivo un encontro este mércores con Óscar Ortega, director xeral da Fundación Amancio Ortega, quen lle propuxo ao Concello a cesión dun terreo para a construción dunha escola infantil na cidade. A obra sería responsabilidade da Fundación e a xestión da Xunta de Galicia. O rexedor confirmou a cooperación municipal pero demandou presenza na xestión do centro educativo.

Festival de curtametraxes, animación e documental "Consecuencias"

mércores, 9 dec 2015

A Concellería de Cultura colabora co Festival de curtametraxes, animación e documental "Consecuencias", que se celebra no Auditorio Municipal do Concello os días 10, 11 e 12 de decembro, e onde se exhibirán algúns dos traballos máis relevantes realizados en España entre 2014 e 2015. A entrada custa 1 €, dispoñibles no despacho de billetes do auditorio dende 30 minutos antes do inicio das proxeccións.

Concurso de relato fotográfico na Casa das Artes

mércores, 9 dec 2015

Exposición cos traballos presentados ao concurso de relato fotográfico 2015, organizado por Latente e as Clínicas Dra. Susana Santeiro, no que os autores facendo uso do medio fotográfico contan unha historia, o que supón un maior compromiso coa creación fotográfica.A mostra podese visitar na Casa das Artes dende o xoves 10 de decembro ate o domingo 10 de xaneiro.