<br /> Manel Fernández di que Sportgal porá o "broche de ouro a un ano no que Vigo "foi referente do deporte galego"
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou hoxe a primeira edición de Sportgal, feira deportiva que do 18 ao 20 deste mes se celebra no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) co patrocinio de Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.
O edil anunciou a "enorme satisfacción que supón este evento que sen dúbida vai rexistrar grande éxito por ser unha experiencia novidosa".
Fernández reclamou a "idoneidade deste evento en Vigo por ser unha cidade construída pensando no deporte, que o apoia e contribúe ao seu desenvolvemento". O responsable político do deporte local entende que Vigo é o perfecto emprazamento da feira "polo volume da súa infraestrutura, número de entidades deportivas e eventos". Segundo isto, asegurou que "esta feira é un broche de ouro para rematar o ano na cidade referente do deporte galego e unha das referentes a nivel nacional".
Juan Caballero, director de Comunicación da feira, anunciou que son vinte e dúas as firmas colaboradoras, entre entidades deportivas, empresas relacionadas coa medicina deportiva ou mesmo co sector terciario en xeral.
"É unha feira de promoción da actividade física e do deporte cunha filosofía familiar", manifestou. Así, os pavillóns 1 e 3 do Ifevi sumarán 15.000 metros cadrados para que nenos e nenas poidan gozar facendo deporte.
A organización avanzou que haberá charlas e conferencias (Icónica Sports asume as de medicina deportiva) e o Ifevi converterase nun gran terreo de xogo para diferentes actividades, dende tenis ou minipádel a gymkana ciclista, baloncesto ou bádminton, entre outras moitas modalidades. os centros deportivos Máis que Auga terán un rol principal no evento.
"Hai de todo e para todos, así que gocen desta feira", concluíu o concelleiro de Deportes.
Descargar todas as imaxes