Caballero ratifica ao comité de empresa do Concello "a súa vocación por estar sempre ao lado dos traballadores"
O alcalde de Vigo compromeu diálogo e unha relación fluída aos membros do novo comité de empresa do Concello. Así llo trasladou hoxe venres nun encontro no que intercambiaron opinións e no que Caballero lles reiterou a vocación do goberno local de "seguir ao lado dos traballadores do Concello e das concesionarias".