Escoitar

O Concello remite á Xunta de Galicia un novo proxecto de lei de Área Metropolitana de Vigo

O alcalde de Vigo anunciou o envío, hoxe venres ou como tarde o luns, dun proxecto de lei de Área Metropolitana ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, un texto que contará con modificacións consideradas necesarias tras as reunións mantidas con rexedores do entorno. O obxectivo de Caballero é "desatascar" e levar adiante a Área Metropolitana de Vigo.

venres, 4 dec 2015
1449238034alcalde2.jpg
"Seguramente hoxe, e como moi tarde o luns, voulle enviar ao señor Feijóo un proxecto de lei coas reformas que consideramos que teñen que ser introducidas, despois de ter falado con alcaldes da área metropolitana, para levar adiante a modificación da lei". Así anuncióuno o alcalde de Vigo, quen indicou que o obxectivo pasa por "desatascar" a tramitación da norma e "por fin" levala adiante por ser "tan importante e ter tanto interese" para a cidade e o entorno.

Caballero engadiu que "confío que o señor Feijóo poida comezar a tomar decisións para modificar a lei a partir do día 9 de decembro", á volta da ponte da Constitución, para que o gran Vigo poida comezar coa que será "unha das grandes áreas metropolitanas de Europa".
Descargar todas as imaxes