Escoitar

Manel Fernández aplaude que a Festa do judo Infantil "volta ao corazón da cidade" este domingo

O judo vigués encherá de ilusión, exhibición e competición o pavillón das Travesas este domingo dende as 11:30 horas grazas á XXIII Festa do Judo Infantil, que cinco anos despois volta ao complexo deportivo que o viu nacer en 1993.

xoves, 10 dec 2015
1449756215manel.jpg
Manel Fernández, edil de Deportes, presentou o evento acompañado polo presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, sinalando a súa satisfacción polo regreso do evento "ao corazón da cidade; a cidadanía poderá vibrar con esta festa no corazón de Vigo e nun marco axeitado", sostivo.

O Concello é o patrocinador institucional principal deste encontro anual do judo de formación, no que participarán todos os clubs e centros de ensino da cidade. "É o broche final a este ano no mellor lugar e a mellor cidade posible", sostivo Muzas, feliz pola gran tempada da súa modalidade a nivel internacional. "É o ano cos mellores resultados da historia e medallas en Europeos e Mundiais", subliñou.

Mil nenos e nenas participarán neste evento dos vintecatro tatamis, con entrada de balde, "indispensable dentro do calendario de actividades da federación e do Concello". O judo da provincia representa un 30% da modalidade de practicantes a nivel autonómico.

O concelleiro rematou a presentación lembrando que a fin de semana "toda a cidade vai vibrar polas numerosas probas previstas" de atletismo, judo, kárate e squash.
Descargar todas as imaxes