Vigo reforza o seu compromiso coa transparencia cun novo portal web
O Concello vén de abrir <i>transparencia.vigo.org</i>, un novo espazo onde a cidadanía pode solicitar información e acceder a un amplo catálogo de datos municipais. Con 95 puntos sobre 100, Transparencia Internacional concedeu a Vigo a mellor nota das cidades galegas, superando ademais a urbes como Valladolid ou Madrid.
O goberno da cidade pon á disposición da cidadanía unha nova ferramenta de solicitud e consulta de información municipal. O novo Portal de Transparencia e Bo Goberno do Concello de Vigo (transparencia.vigo.org) ofrece un amplo abano de datos da Corporación, ademais de económicos, de urbanismo, obras públicas e medioambiente, de contratación e de costes dos servizos.
A nova web estrutura a información dispoñible en distintos bloques para facilitar a súa localización e acceso. No apartado "Información Organizativa: Corporación municipal" atópase documentación sobre cargos electos, persoal do Concello e retribucións e declaracións de intereses dos altos cargos, así como no capítulo "Orzamentos, fiscalización e informes" figura toda a información económica da administración local.
En "Contratación e costes dos servizos", o Concello de Vigo revela datos sobre a contratación de traballos e dos distintos tipos de contratos, convenios e subvencións existentes; mentres que no enlace "Relacións coa cidadanía e a sociedade" se accede a aspectos sobre a manexabilidade da web municipal e aos servizos e información municipal, por exemplo do tráfico e do medioambiente.
Urbanismo, obras públicas e medioambiente dispoñen dun espazo propio onde se publican os plans xerais e parciais, políticas medioambientais, os anuncios e licitacións de obras, información sobre concorrentes, ofertas e resolucións, e indicadores de investimentos e ingresos, entre outros.
Adicionalmente aos contidos publicados e catalogados no Portal da Transparencia do Concello de Vigo, o cidadán poderá exercer o chamado "Dereito de Acceso". Esta nova opción garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública, regulada pola Lei de Transparencia.
Transparencia Internacional
Con este novo espazo web municipal, o Concello reforza o seu compromiso coa información pública e a transparencia, despois de ter recibido no 2014 o aval da organización independente Transparencia Internacional, que situou a Vigo como a cidade máis transparente de Galicia cunha nota de 95 puntos sobre 100 posibles, tamén por enriba doutras urbes como Valladolid ou Madrid. No estudo, a cidade conseguiu a máxima valoración nos capítulos sobre transparencia económico-financeira e en materia de urbanismo e obras públicas.
Os resultados obtidos polo Concello son moi positivos tanto na comparación co resto de cidades galegas como con respecto a edicións pasadas do Índice de Transparencia Internacional. Sobre o anterior análise da entidade, realizado no 2012, Vigo incrementou a súa calificación nun 46%, pasando dos 65 aos 95 puntos do pasado ano.
Descargar todas as imaxes