120 estudantes marchan a Reino Unido e Irlanda coa bolsa municipal "Vigo en Inglés"

venres, 22 set 2017

O alcalde achegouse ao aeroporto este venres para desexarlles unha boa estadía no Reino Unido e en Irlanda, onde o alumnado pasará tres semanas aprendendo inglés grazas a este programa de inmersión lingüística. Son estudantes de ESO dos Colexios Barreiro, Losada e Apóstol Santiago e dos IES de Beade, do Castro, Santa Irene, Valadares, Carlos Casares e Rosais 2. Son parte dos 767 beneficiarios deste curso que, segundo Caballero, ascenderán a 850 o vindeiro ano, cun investimento de dous millóns de euros por parte do Concello.

O Concello convocará á ANPA do colexio Rodríguez Castelao para analizar o estado do centro

luns, 18 set 2017

O goberno local analizará a situación do colexio Alfonso Rodríguez Castelao coa ANPA dada a situación actual na que se están impartindo clases mentres se acometen "obras moi importantes e non sabemos se é a mellor decisión", apuntou o rexedor, dado o ruído e o po que producen os traballos do gran guindastre que se está utilizando. O obxectivo do Concello é estudar as circunstancias actuais do alumnado para garantir a súa saúde e a seguridade.