A Biblioteca do Auditorio Mar de Vigo recibiu a un total de 82.119 usuarios durante 2018

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou que as instalacións abertas polo Concello de Vigo tiveron o pasado ano un nivel de ocupación "excepcionalmente alto". Os meses de maio e decembro foron os de maior afluencia.

mércores, 6 feb 2019
A Biblioteca do Auditorio Mar de Vigo recibiu durante o ano 2018 a un total de 82.119 usuarios. O alcalde, Abel Caballero, informou este mércores de que as instalacións municipais lograron o pasado curso "un nivel excepcionalmente alto" e detallou os datos rexistrados ao longo dos doce meses.

Así, atendendo aos meses, o rexedor vigués indicou que a maior afluencia foi nos meses de maio (12.490 usuarios) e en decembro (10.209), seguidos de xuño (9.026) e novembro (8.333). Por tramos horarios e quendas, durante as mañás pasaron pola biblioteca un total de 32.640 usuarios, polas tarde 48.888 e pola noite 591. En días laborables foron 45.540 e durante as fins de semana e festivos outras 36.447.