O rexedor visita o CEIP Valle Inclán en Lavadores

Abel Caballero respondeu este mércores ás preguntas do alumnado do CEIP Valle Inclán de Lavadores, nunha entrevista que lle realizaron no transcurso da súa visita ao centro educativo na que se interesaron polo seu labor á fronte do goberno da cidade. A dirección do centro e a ANPA trasladáronlle ao alcalde as necesidades do centro, destacando a cobertura do patio que corresponde á Xunta de Galicia, que de momento non lles deu resposta polo que, apuntou Caballero. "farémolo nós".

mércores, 6 feb 2019
1549460358valleinclan3.jpg
Descargar todas as imaxes