venres, 5 mai 2017
O alcalde explicou que o goberno de Vigo asumirá as obras de humanización, cun orzamento de 250.000 euros, ante a falta de resposta da Xunta para arranxar un "gravísimo problema de seguridade".
venres, 5 mai 2017
O alcalde cualificou a interculturalidade como un valor social fundamental durante a súa participación nunha xornada organizada esta mañá no Ceip García Barbón baixo o proxecto "Contigo convivo".
martes, 2 mai 2017
O Centro de Oceanografía de Vigo do Instituto Español de Oceanografía desenvolve diferentes obradoiros no MARCO dirixidos a escolares vigueses como parte das actividades coas que celebran o seu centenario. Abel Caballero estivo coñecendo de preto como as nenas e nenos se achegan á ciencia e ao labor científico de forma didáctica e entretida e felicitou ao persoal do Oceanográfico pola iniciativa.
venres, 21 abr 2017
Abel Caballero saudou este venres a un grupo de 16 alumnos de Bacharelato procedentes dos Estados Unidos que están realizando un intercambio co Colexio Miralba e que pasarán as dúas próximas semanas coñecendo a cidade e a súa contorna e mellorando o seu coñecemento do idioma. O rexedor deulles a benvida a Vigo e desexoulles unha feliz estancia e aprendizaxe na "cidade máis fermosa do mundo, na cidade da economía e do emprendemento".
martes, 18 abr 2017
O Concello inviste este ano máis de 1,5 millóns de euros en obras de mellora en distintos centros de infantil e primaria de Vigo. Caballero salientou os 600.000 euros adicados á cubrición dos patios dos colexios Virxe do Rocío, Carballal e Canicouva.
venres, 31 mar 2017
O rexedor recibiu este venres no Concello ao alumnado dos IES Politécnico de Vigo e o IES Calvario que realizan un intercambio escolar co College Blaise-Pasca de Saint Flour en Anvergne, en Francia, que visitaron as instalacións municipais. Abel Caballero deulles a benvida á cidade e referiuse a esta acción educativa como un exemplo da unidade de Europa, poñendo en valor o papel da xuventude no irmandamento dos diferentes países do vello continente. Ademais, destacou a importancia das relacións económicas e comerciais de Vigo con Francia coa industria do automóbil como principal baluarte.
venres, 31 mar 2017
Preto dun cento de escolares vigueses de máis de 30 centros da cidade participaron na XIV edición do Concurso Dixital Infantil Internacional que se desenvolveu baixo o lema "O ciclo da auga, unha aventura para valentes". Abel Caballero entregou os galardóns aos doce finalistas vigueses e a unha das dez gañadoras: a viguesa María Sío Tizón, do CEIP Frián de Teis. O acto, que se desenvolveu na Praza do Rei, rematou cunha solta de globos con consellos de consumo responsable de auga achegados polos nenos e nenas participantes.
luns, 27 mar 2017
Abel Caballero explicou que se trata dunha partida para que centros públicos de Infantil e Primaria poidan realizar obras de pequena entidade. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das 82 bolsas para estadías lingüísticas de alumnado da Escolas Oficial de Idiomas que teñen un importe de 160.000 euros.
xoves, 23 mar 2017
Abel Caballero e Salustiano Mato mantiveron esta mañá un encontro no que acordaron que a Universidade recibirá en bolsas de comedor e inglés a cantidade que paga de IBI ao Concello. Así o explicou o rexedor nunha rolda de prensa na que tamén avanzou que o reitor fará uso do antigo despacho que tiña no edificio municipal do Areal ata que non remate a rehabilitación do inmoble de O Berbés, futura sede da entidade educativa.
venres, 17 mar 2017
O Concello, que amplía ata o 24 de marzo o prazo para optar, ten recibido ata o momento 753 solicitudes de alumnado de 3º de ESO para un mínimo de 657 vacantes dispoñibles. De cara ao ano que vén, o obxectivo é cubrir practicamente toda a demanda, polo que o alcalde anunciou un incremento en polo menos cen prazas.