O Concello abre o luns 21 de xaneiro o prazo para solicitar as bolsas de inglés de 2019
Este programa municipal permitirá a estadía de 750 alumnos/as durante tres semanas en localidades de Reino Unido ou Irlanda, tal e como avanzou o rexedor esta mañana. O alumnado de 3º da ESO interesado poderá presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello dende o luns 21 de xaneiro ao venres 1 de febreiro.
Entre o 21 de xaneiro e o 1 de febreiro estará aberto o prazo para solicitar a participación no programa de inmersión lingüística Vigo en inglés. Os alumnos de 3 da ESO interesados poderán formalizar a solicitude no Rexistro do Concello para gozar dunha estadía de tres semanas en Reino Unido ou Irlanda en réxime de integración co alumnado nativo.
O programa conta cun orzamento de 1.704.000 euros e 750 prazas, que inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrionas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida e volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade civil.
Está previsto que as viaxes comecen a mediados de setembro para iniciar o curso en centros británicos, engadiu Caballero na rolda de prensa.
Dispositivo de frío
O alcalde deu conta hoxe do labor realizado polo persoal do dispositivo de frío do Concello que a pasada noite, do xoves ao venres, localizou na rúa a tres homes, que foron informados da dispoñibilidade de 5 camas en Teis -habendo tamén 6 camas para mullleres-. Ofrecéuselles o traslado ata alí pero rexeitárono. Na noite do mércores ao xoves, o persoal ofreceulle a 5 homes ser levados por Protección Civil ás instalacións dos Hermanos Misioneros de Teis e todos negaron esta opción, quedando libres 7 prazas de homes e 7 de mulleres. Nesta xornada, non se localizou a ningunha persoa durmindo na rúa, segundo expuxo Caballero.