xoves, 17 xaneiro 2019

O Concello renova a flota de limpeza con vehículos eléctricos e a gas natural

xoves, 17 xan 2019

O servizo conta desde este xoves con 14 novos equipos de maquinaria e 27 novos vehículos -23 destes eléctricos ou a gas natural-, que permitirán unha mellora da limpeza cunha maior sustentabilidade. O investimento ascende a catro millóns. Abel Caballero puxo en valor que Vigo é a cidade española máis galardoada en limpeza, con seis "Vasoiras de platino" consecutivas.

O alcalde subliña a "calidade" do proxecto "Movendo camiños", da asociación Érguete

xoves, 17 xan 2019

Abel Caballero participou este xoves na presentación dunha iniciativa que procura inculcar nos usuarios dos programas de Érguete os beneficios da práctica do deporte e do atletismo en particular. Co apoio dos profesionais Daniel Bargiela e Manuel Ageitos, o obxectivo é que os participantes poidan completar os cinco quilómetros da carreira "Érguete e corre" do próximo 31 de marzo.