Escoitar

O Concello analiza o estado da escultura da Praza de España e mellorará a súa iluminación

"Os Cabalos", obra de Oliveira, está a ser obxecto dunha análise en profundidade por parte do goberno vigués, segundo anunciou hoxe mércores o alcalde. Para coñecer o seu estado, o Concello realiza perforacións no aceiro e revisa a cimentación e ancoraxes dunha escultura que verá reposta a súa iluminación.

mércores, 16 xan 2019
O Concello de Vigo acomete un análise profundo do estado no que se encontra este complexo escultórico que preside a Praza de España desde 1991, obra de Juan José Oliveira de 18 metros de altura e 40 toneladas de peso.

Caballero explicou que a finalidade do traballo é coñecer o estado de conservación da escultura, para o que se están a realizar perforacións no aceiro e a revisión da cimentación e dos ancoraxes. Ademais, o Concello completará o estudo cun escaneado de toda a obra. Os resultados estarán en mans municipais no prazo estimado dun mes, estimou o rexedor.

A iluminación tamén será mellorada, que foi quedando "fóra de uso e ninguén lle fixo nunca ningunha revisión ni ningunha reparación ni mantemento", anotou Abel Caballero, quen adiantou que se procederá a unha "mellor iluminación" dun "emblema" na cidade de Vigo.

Similar ao análise que realiza xa no centro da Praza da España, o goberno de Vigo tamén fará un estudo en profundidade da Porta do Atlántico, a escultura de Silverio Rivas que preside a Praza de América, aproveitando a transformación "monumental" que promove o Concello na citada praza.

Vigocultura
Por outra banda, o alcalde fixo balance das actividades da programación de Vigocultura en 2018 e sinalou que as 54 actividades realizadas no Auditorio Municipal do Concello recibiron un total de 9.000 espectadores. "Tivo moi bo funcionamento", destacou Caballero.