venres, 18 xan 2019
Este programa municipal permitirá a estadía de 750 alumnos/as durante tres semanas en localidades de Reino Unido ou Irlanda, tal e como avanzou o rexedor esta mañana. O alumnado de 3º da ESO interesado poderá presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello dende o luns 21 de xaneiro ao venres 1 de febreiro.
venres, 18 xan 2019
"Paréceme moi ben que a Xunta de Galicia faga FP en Ourense pero onde hai demanda de verdade é en Vigo", asegurou o alcalde, quen esixiu do goberno autonómico un inmediato plan de choque de FP para atallar a demanda e, en segundo lugar, un programa intensivo estable que complete o xa existente. <br />
venres, 18 xan 2019
Abel Caballero achegouse este venres ao colexio Fonte Escura, en Cabral, visitou as súas instalacións e se reuniu coa dirección do centro. Os seus responsables agradeceron ao alcalde a recente instalación dun columpio adaptado para o alumnado.
venres, 18 xan 2019
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con José Luis de Luis Gallego, comisario xefe da Policía Nacional en Vigo-Redondela, que estivo acompañado por Carlos Valcárcel, comisario xefe de Operacións; José García, comisario xefe da Policía Xudicial e Gonzalo Bellver, comisario xefe da Brigada de Seguridade Cidadá, con quen abordou a actualidade da cidade e a colaboración institucional.