mércores, 17 feb 2021
Abel Caballero considera a opción “boa para todos” (para as familias da escola do Casco Vello, para o seu profesorado, para o barrio e para o propio colexio) e reitera que “non hai escusa posible” para que a Xunta non retorne ao Concello a parte do edificio municipal que o Ramón y Cajal non utiliza.
luns, 15 feb 2021
Abel Caballero reclama á Xunta de Galicia a devolución da parte baleira do inmoble cedido polo Concello para o CEIP Ramón y Cajal, onde o goberno vigués prevé habilitar un novo centro de cero a tres anos, permanente e que ademais acollería provisionalmente aos usuarios da escola de Santa Marta mentres duren as obras do Barrio do Cura. Sería a décima gardería municipal da cidade.
mércores, 27 xan 2021
A moción do grupo municipal socialista recibiu o apoio do resto de grupos, agás o PP que se abstivo, na reclamación ao goberno autonómico da elaboración dun plan a 4 anos, dotado nos seus orzamentos con 40 millóns de euros, para abordar a renovación integral dos colexios vigueses.
martes, 26 xan 2021
O Concello de Vigo arranxou o problema da calefacción do Colexio Otero Pedrayo tras substituír unha peza da vella caldeira. Abel Caballero informou este martes de que o grupo municipal socialista pedirá no Pleno da Corporación que a Xunta de Galicia invista 40 millóns en 4 anos para solucionar os problemas existentes nos centros escolares da cidade.
xoves, 21 xan 2021
Abel Caballero informou este xoves de que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de instalación dun elevador ata a unión de Urzáiz con Vía Norte, cun orzamento de 424.000 euros e cinco meses de obras.
martes, 19 xan 2021
O alcalde deu conta este martes do inicio do expediente administrativo para adxudicar o servizo no novo centro municipal para nenos e nenas de cero a tres anos. Con 82 prazas, a escola de Bembrive abrirá no próximo curso cun apoio do Concello duns 250.000 euros.
venres, 15 xan 2021
A Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo celebrou este venres o acto inaugural de celebración do seu centenario no que participou Abel Caballero, xunto ao reitor da Universidade, Manuel Reigosa, e á directora do centro, Consuelo Currás, e no que descubriron unha placa conmemorativa do aniversario.
xoves, 7 xan 2021
O alcalde participará o vindeiro 15 de xaneiro no claustro conmemorativo do centenario da institución, un acto ao que foi convidado este xoves por Consuelo Currás e Araceli González, directora e vicedirectora, respectivamente, da Escola de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo.
xoves, 17 dec 2020
O alcalde e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron este xoves o convenio de colaboración entre ámbalas institucións para a execución das obras que permitirán que os centros conten cunha zona de recreo cuberta. Amais, o goberno municipal investiu este ano 745.000 euros en obras en colexios, un 30% máis ca en 2019.
martes, 15 dec 2020
O alcalde de Vigo, Abel Cabalero, acudiu este martes ao Colexio Vivas para visitar ao alumnado que realiza estes días un cribado voluntario de Covid-19. O rexedor destacou os protocolos que desenvolve o centro escolar “máis alá dos imprescindibles” e animounos a extremar as medidas de precaución para protexer especialmente as persoas maiores.