Escoitar

O Concello irá á máxima velocidade para pagar o 5,8 millóns das axudas escolares

O alcalde comprométese a axilizar o trámite administrativo para aboar as becas de 205 euros a 28.500 escolares de Vigo, incluídos os que estudan fóra

venres, 22 set 2023
Abel Caballero durante a visita ao Ceip Virxe do Rocío o pasado Entroido
Abel Caballero durante a visita ao Ceip Virxe do Rocío o pasado Entroido

A Xunta de Goberno de Vigo aprobou hoxe a modificación de crédito, por valor de 5.842.500 euros, cos que concederá axudas a 28.500 escolares. Cada estudante de Educación Primaria, Secundaria Obrigatorio, Formación Profesional Básica e Educación contará cunha bolsa de 205 euros.

O alcalde explicou que o Concello traballa para imprimir a máxima axilidade ao trámite e para facilitar a xestión das axudas. Lembrou que a modificación de crédito aprobarase provisionalmente no Pleno do mes de outubro para proceder á concesión en menos de mes e medio.

Abel Caballero destacou que a novidade deste ano é a concesión de bolsas para estudantes de Vigo escolarizados fóra da cidade, así como para quen cursa Formación Profesional Básica.

O rexedor apuntou que as bolsas concedidas en 2022 foron un total de 22.957 por un importe de 5.106.980 euros. "Facemos unha achega adicional de 750.000 euros", afirmou.

Apoio a Conxemar

O rexedor anunciou que a Xunta de Goberno de Vigo tamén acordou hoxe conceder unha axuda de 100.000 euros para a XXIV Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, Conxemar e XI edición do Congreso da FAO.

A cita do sector alimentario de la pesca congelada celebrarase do 3 ao 5 de outubro no Instituto Ferial de Vigo. “Alí estaremos porque imos apoiar a feira, xa que se trata de dous eventos importantísimos para a cidade, por seren do sector de pesca” e pola presenza de miles de expositores e profesionais.

Camiño a Camiño

Abel Caballero anunciou a firma do convenio con Vegalsa para cooperar nas actividades de educación e sensibilización ambiental, do programa Camiño a Camiño, que inclúe oito rutas gratis. En 2023 a achega pasa de 18.000 a 22.374 euros.

O programa comprende roteiros polo Salnés, O Ribeiro, O Condado, O Rosal, Lourizán, río Eifonso e río Lagares. Desenvolveranse entre os meses de outubro e novembro e está programada a participación de 1.140 persoas, con cotas de 150 persoas por cada roteiro.

Descargar todas as imaxes