Escoitar

O Concello aspira a situar ao MARCO á altura do Reina Sofía con exposicións como a de Juan Giralt

O alcalde e Carmela Silva, primeira tenente de alcalde, presentaron esta mañá no Museo de Arte Contemporánea de Vigo a exposición do pintor Juan Giralt, que permanecerá aberta desde hoxe ata o día 25 de febreiro.

venres, 22 set 2023
Carmela Silva, con Marcos Girat, Abel Caballero y Miguel Fernández Cid
Carmela Silva, con Marcos Girat, Abel Caballero y Miguel Fernández Cid

Abel Caballero asegurou que a exposición de Juan Giralt, que anticipa como a "crónica dun éxito anunciado", é unha das mostras máis importantes da historia Museo de Arte Contemporánea de Vigo e coa quere estar á altura do Museo Reina Sofía de Madrid.

O rexedor, ante o exministro Francisco Caamaño, o presidente da Fundación Laxeiro e a primeira muller de Giralt, explicou que a mostra recolle a obra dun "pintor extraordinario que marcou o final do século XX e o principio do XXI".

O fillo de Juan Giralt, e comisario da mostra, trasladou a súa "felicidade absoluta" pola exposición que sucede á monográfica organizada no Reina Sofía. Sinalou que nas salas do museo pódese recorrer a traxectoria creativa de seu pai, desde os seus inicios ata a etapa de madurez. Percórrese “desde a procura ao esplendor”, incidiu o director do Marco, Miguel Fernández Cid.

A mostra, que permanecerá aberta desde hoxe ata o 25 de febreiro de 2025, completarase cun catálogo, xa que Miguel Fernández Cid, afirmou que é un modelo que se quere implantar no MARCO coas exposicións dos creadores galegos. “Estamos a preparar un catálogo onde os artistas de xeracións posteriores a Giralt falen da súa obra”, sinalou.

Carmela Silva, con Marcos Girat, Abel Caballero y Miguel Fernández Cid
Abel Caballero
Carmela Silva, con Francisco Caamaño, Marcos Girat, Abel Caballero y Miguel Fernández Cid
Descargar todas as imaxes