venres, 23 xuñ 2023
O alcalde deu conta esta mañá dun incremento de 36.000 euros no convenio de 606.000 euros asinado con FOANPAS co obxectivo de axudar ás familias no aumento no prezo dos comedores escolares. O goberno local tamén validou a renovación da rede de abastecemento da avenida de Castrelos, entre os números 120 e 144.
martes, 13 xuñ 2023
O alcalde achegouse este martes ata as instalacións do centro educativo, situado en Coruxo, onde observou de primeira man o novo mural que da a benvida as aulas.
Tras realizar unha visita da man dos responsables do colexio, Caballero eloxiou a súa calidade na ensinanza e trasladou o seu agradecemento pola involucración de toda a comunidade educativa na mellora do entorno.
xoves, 8 xuñ 2023
O alcalde deu conta da aprobación en Xunta de Goberno dos 606.000 euros para as becas comedor de FOANPAS. O Concello mantén aberto ata o 30 de xuño o prazo para a solicitude das becas de comedor dotadas con 1.427.589 euros.
xoves, 8 xuñ 2023
As listaxes da resolución provisional da baremación das listas dos estudantes que solicitaron participar no programa educativo municipal de inmersión lingüística poden consultarse na web municipal.
mércores, 7 xuñ 2023
O goberno local resolveu favorablemente 73 das 84 solicitudes presentadas para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas interesados en facer unha estancia lingüística no estranxeiro. Medra o estudantado interesado en estudar xaponés, italiano e alemán.
martes, 6 xuñ 2023
O alcalde, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o delegado de Zona Franca, David Regades, visitaron o mercado onde centros educativos de toda a provincia expuxeron dezaseis proxectos cooperativos creados no marco do “Depoemprende”. O obxectivo deste programa do ente provincial é a promoción da cultura emprendedora nas aulas mediante a familiarización e integración dos elementos da xestión empresarial.
martes, 6 xuñ 2023
Un grupo de trinta estudantes de intercambio do programa Erasmus do IES San Tomé visitou este martes o Concello para coñecer as instalacións municipais. Ademais puideron manter un encontro con Abel Caballero que os achegou á historia da cidade e que lles falou sobre o presente de Vigo e as oportunidades de ocio e turismo que ofrece.
martes, 6 xuñ 2023
A sede viguesa da Uned ofertará este verán cursos sobre tecnoloxías e igualdade, como complemento á acción formativa de todo o ano. Na presentación, Caballero avogou por seguir sumando titulacións e cursos.
xoves, 1 xuñ 2023
Un grupo de vinte estudantes de intercambio do programa Erasmus do IES Alexandre Bóveda visitou este xoves o Concello para coñecer as instalacións municipais. Ademais puideron manter un encontro con Abel Caballero que os achegou á historia da cidade e que lles falou sobre o presente de Vigo e as oportunidades de ocio e turismo que ofrece.
xoves, 1 xuñ 2023
O alcalde informou este xoves da apertura dun período de 20 días hábiles para a solicitude das axudas para comedor e material escolar do alumnado de centros públicos e concertados da cidade para o vindeiro curso 2023-2024.