A Uned en Vigo oferta cursos de verán sobre redes sociais, tecnoloxía e igualdade
A sede viguesa da Uned ofertará este verán cursos sobre tecnoloxías e igualdade, como complemento á acción formativa de todo o ano. Na presentación, Caballero avogou por seguir sumando titulacións e cursos.
Abel Caballero aproveitou esta mañá a presentación dos cursos de verán da Uned para reivindicar a importancia desta institución educativa na cidade. “Debemos felicitarnos como cidade por contar aquí con outra universidade”. Na súa intervención, avanzou a súa aspiración a seguir aumentando as titulacións, mellorando a decencia e a investigación”.
Os cursos de verán da Uned que este ano se ofertarán en Vigo son: Mujeres: Arte y Cultura en la Edad Media y la Edad Moderna y Redes sociales, tecnologías y metodologías emergentes en la enseñanza y aprendizaje de lenguas.
Nesta presentación, participaron tamén a presidenta da Deputación, Carmela Silva; Víctor M. González, director da Uned; Carmen Martínez Prieto e Elena Paulino Montero, coordinadora e responsable dun dos cursos, respectivamente.