Abel Caballero asistiu esta mañá a inauguración da exposición itinerante “50 aniversario da creación do Servizo de Desactivación de Explosivos da Garda Civil”
A mostra permanecerá nas instalacións do Porto de Vigo ata o domingo 4 maio. O rexedor valorou o seu traballo ao longo destes anos, nos que os técnicos especialistas actuaron na desactivación de 282 artefactos reais improvisados e 5.702 artefactos reais convencionais.



