martes, 6 xuñ 2023
A sede viguesa da Uned ofertará este verán cursos sobre tecnoloxías e igualdade, como complemento á acción formativa de todo o ano. Na presentación, Caballero avogou por seguir sumando titulacións e cursos.
martes, 6 xuñ 2023
O alcalde, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o delegado de Zona Franca, David Regades, visitaron o mercado onde centros educativos de toda a provincia expuxeron dezaseis proxectos cooperativos creados no marco do “Depoemprende”. O obxectivo deste programa do ente provincial é a promoción da cultura emprendedora nas aulas mediante a familiarización e integración dos elementos da xestión empresarial.
martes, 6 xuñ 2023
Un grupo de trinta estudantes de intercambio do programa Erasmus do IES San Tomé visitou este martes o Concello para coñecer as instalacións municipais. Ademais puideron manter un encontro con Abel Caballero que os achegou á historia da cidade e que lles falou sobre o presente de Vigo e as oportunidades de ocio e turismo que ofrece.