Escoitar

Caballero anima aos escolares "estudar moito" para cumprir o soño de ser alcaldes de Vigo

Abel Caballero explicou este xoves aos alumnos do Colexio Andersen, que participan no programa municipal "Visita o teu Concello" , os principais temas que centran o seu traballo á fronte da alcaldía de Vigo co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos vigueses. Indicou ao escolar que lle preguntou se é fácil ser alcalde que non é sinxelo "pero si apaixoante". Engadiu que está "feliz de gobernar Vigo e de traballar sen parar os 365 do ano", lembrando que nos 17 anos de mandato non tivo vacacións. Aos estudantes que expresaron o seu desexo de querer ser alcaldes no futuro, recomendoulles "estudar moito".

xoves, 26 out 2023
Abel Caballero cos estudantes do colexio Andersen
Abel Caballero cos estudantes do colexio Andersen
Descargar todas as imaxes