venres, 27 out 2023
Abel Caballero recibiu este venres ao comité executivo da Feira internacional da industria naval de Vigo, que terá lugar do 21 ao 24 de maio de 2024, coa práctica totalidade da superficie expositiva xa ocupada, "o que xenera unha gran expectativa". Logo do encontro, Caballero trasladou a súa vocación de que "Navalia se convirta na feira naval máis importante de Europa".
venres, 27 out 2023
A Xunta de Goberno local aprobou este venres novas achegas para asociacións veciñais, deportivas e culturais da cidade, cun importe de 415.000 euros.
venres, 27 out 2023
O alcalde anunciou que en Vigo operarán os novos trens Avril “que sexan necesarios para solventar o agravio da cidadanía de ir ata Madrid pasando por Santiago”. Caballero lembrou á conselleira de Infraestruturas que Vigo non ten alta velocidade “polo parón con Rajoy de presidente do Goberno” e louvou que o actual Goberno de España recuperase o proxecto.
venres, 27 out 2023
O Concello súmase así este venres, 27 de outubro, á conmemoración do Día nacional de concienciación sobre o Trastorno por déficit de atención e hiperactividade, un síndrome que afecta aproximadamente a un 5% da poboación.O obxectivo desta xornada é reducir o estigma do TDAH e favorecer o seu recoñecemento e detección precoz para axudar ás persoas que o sofren e ás súas familias.