Vigo acolle a 12 inmigrantes tras unha “acertada” decisión do Goberno central
Abel Caballero anunciou este xoves que Vigo acollerá a 12 inmigrantes trasladados á Península desde as Illas Canarias. Serán atendidos pola ONG Accem, con experiencia por axudar a expatriados de Ucraína. Todos os gastos serán sufragados polo Goberno, segundo comunicou o alcalde.

O rexedor, tras defender o “espírito acolledor e solidario de Vigo”, anunciou a recepción na cidade de 12 inmigrantes.
Caballero remarcou que considera “acertada” a decisión do Goberno central de trasladar á península a inmigrantes desde as Illas Canarias. “A aglomeración e a saturación non son tolerables”, recalcou, ao incidir en que o executivo central adoptou unha “boa decisión” e que pagará “absolutamente” todos os gastos que xeren.