Vigo abre a convocatoria pública de espectáculos para o Auditorio de Castrelos de 2024
O alcalde sinalou que “xa arrancamos coa preparación dos grandes concertos do Vigo en Festas do próximo verán”.

Como adiantou Abel Caballero esta mañá, o auditorio natural de Castrelos contará “como mínimo con 10 concertos entre xullo e agosto de 2024”. Coa apertura da convocatoria as empresas promotoras e organizadoras de espectáculos poden comezar a presentar as súas propostas artísticas.
As interesadas deberán presentar espectáculos para un mínimo de 15.000 espectadores. Ademais valoraranse aspectos como “a traxectoria profesional, o número de xiras, os seguidores en plataformas dixitais e os premios gañados”, entre outros, para lograr unha programación que no seu conxunto dea como resultado unha oferta atractiva e de interese para a cidadanía.