martes, 24 out 2023
“O que hai” é o título da exposición presentada este martes na Fundación Laxeiro por Abel Caballero e os concelleiros da área de Cultura, Carmela Silva e Gorka Gómez. Aberta desde mañá, 25 de outubro, ata o 11 de febreiro de 2024, a mostra, que exhibe a obra de catro novos artistas, é a primeira produción resultado do convenio de colaboración asinado entre a Universidade de Vigo e a fundación municipal.
martes, 24 out 2023
As aulas da Escola Municipal de Música acollerán este ano a 470 alumnos que terán a oportunidade de formarse en ata 17 modalidades instrumentais. Este centro educativo cumpriu 25 anos en 2022 e conta con 16 docentes.
martes, 24 out 2023
Abel Caballero reafirmou este martes, coincidindo coa celebración do “Día das Bibliotecas”, a “vocación” tanto de contar coa Biblioteca Central, xa asignada polo Goberno, así como coa de Teis.
martes, 24 out 2023
A asociación AVEMPO organiza o vindeiro domingo 29 de outubro la “XI Edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple”. Os organizadores do acto solidario avanzan que a saída terá lugar na Alameda de Bouzas, ás 11 horas. A carreira realizarase en formato 5k, 10k e andaina. As inscricións, que poden realizarse na páxina web de AVEMPO, pecharanse mañá mércores ás 23:59 horas.