Escoitar

O Concello mellora a seguridade peonil na rúa Clara Campoamor

Abel Caballero e os concelleiros Javier Pardo e Elena Espinosa inauguraron este luns a primeira fase das obras de humanización da avenida Clara Campoamor que supuxeron un investimento de 423.000 euros. O alcalde anunciou a transformación do viario "nunha gran avenida".

luns, 23 out 2023
Abel Caballero, Javier Pardo y Elena Espinosa
Abel Caballero, Javier Pardo y Elena Espinosa

O alcalde destacou que a remodelación realizada entre a rotondas de acceso ao Hospital Álvaro Cunqueiro e a de conexión coa estrada VG20, que contaron cun investimento de 423.182 euros, serven para mellorar “moito” a seguridade tanto dos peóns como dos vehículos. “Trátase dunha gran humanización”, afirmou.

As obras da primeira fase melloraron un traxecto de 515 metros da marxe dereita da vía e de 460 da marxe esquerda. “Entre as dúas beirarrúas fixemos máis dun quilómetro de humanización”, reseñou.

Abel Caballero apuntou "o cambio que representa a obra por ser un dos da zona que conta con maior concorrencia de viandantes". Ademais, as paradas de autobús contan con zonas de embarque e desembarque seguras para os usuarios. Tamén se instalaron dous pasos de peóns con seguridade reforzada ao estar regulados por semáforos.

As obras de humanización tamén conlevan a instalación de novas canalizacións de augas pluviais, así como de grupos semafóricos, beirarrúas con varandas de aluminio e señalización tanto vertical como horizontal.

O alcalde anunciou que a segunda fase, entre o Camiño Canotais e Ramiro Pascual, acometerase “enseguida”. “Trátatase de facer beirarrúas no que ata agora é un viario e pasa a ser unha avenida”, sinalou Caballero.

Abel Caballero, Javier Pardo y Elena Espinosa
Abel Caballero, Javier Pardo y Elena Espinosa
Abel Caballero y Elena Espinosa
Descargar todas as imaxes