Escoitar

O goberno local aproba 75 novas axudas de emerxencia, que contan con 3.718 beneficiarios

A Comisión municipal de axudas de emerxencia resolveu a semana pasada a concesión doutras novas 75 solicitudes.

luns, 23 out 2023
Praza de España
Praza de España

O Concello suma, coas 75 demandas atendidas, outros 21.255 euros ao capítulo de axudas de emerxencia. O alcalde Abel Caballero lembra que desde principios de ano foron concedidas un total de 3.718 axudas por un importe de 950.516 euros.

As previsións económicas do goberno municipal prevén destinar entre 1 e 1,5 millóns de euros ás persoas que requiren axuda de emerxencia. Ao longo do ano mantéñense como asistencias máis demandadas todas as relativas á alimentación e ao pago de alugueiros.

As axudas de emerxencia que concede o Concello son compatibles co Ingreso Mínimo Vital. Este tamén é compatible coa percepción da Renda de Integración Social, Risga. Abel Caballero sinalou que "a Xunta declarou a Risga incompatible co e está a facer caixa á conta de quen máis o necesita".

Descargar todas as imaxes