A Escola Municipal de Música arranca o curso con 470 alumnos e 17 disciplinas
As aulas da Escola Municipal de Música acollerán este ano a 470 alumnos que terán a oportunidade de formarse en ata 17 modalidades instrumentais. Este centro educativo cumpriu 25 anos en 2022 e conta con 16 docentes.
O alcalde participou esta tarde no acto de apertura oficial do curso da Escola Municipal de Música que este ano acollerá a 470 alumnos de 17 disciplinas. Guitarra, piano, percusión, clarinete, flauta, saxofón, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, trompeta, trompa, trombón, tuba, canto, guitarra eléctrica e baixo eléctrico son as modalidades que oferta unha institución académica que o ano pasado cumpriu 25 anos e que conta con 16 docentes e un administrativo. “Os últimos 10 anos foron os de maior crecemento desta escola, que é un proxecto de éxito”, dixo o rexedor.