Escoitar

Abel Caballero: “Vigo repite dobre Cabalgata de Reis. A estática establecerase na Avenida de Castelao”

Como xa sucedeu nas últimas dúas edicións, o Concello de Vigo volverá realizar “dúas Cabalgatas de Reis”, informou esta mañá o rexedor olívico. A Xunta de Goberno Local do luns 23 de outubro aprobou a contratación da prestación do servizo de produción técnica e servizos auxiliares de soporte dos actos dos Reis Magos no Nadal 2024.

xoves, 26 out 2023

A Cabalgata matinal será estática, situada na Avenida de Castelao do barrio de Coia, o 5 de xaneiro dende as 11:00 horas ata as 14:00 horas. Pola tarde “a partir das 18:00 horas”, terá lugar a cabalgata tradicional que percorrerá as rúas da cidade.

Abel Caballero sinalou que o Concello investirá "case 120.000 euros a todo aquilo que ten que ver coa montaxe, a caracterización e a produción técnica" da Cabalgata de Reis de Vigo. A temática deste ano será “mar e fantasía”.

Descargar todas as imaxes