As fontes de Aragón ilumínanse de laranxa polo TDHA
O Concello súmase así este venres, 27 de outubro, á conmemoración do Día nacional de concienciación sobre o Trastorno por déficit de atención e hiperactividade, un síndrome que afecta aproximadamente a un 5% da poboación.O obxectivo desta xornada é reducir o estigma do TDAH e favorecer o seu recoñecemento e detección precoz para axudar ás persoas que o sofren e ás súas familias.
![Imaxe de arquivo das fontes de Aragón iluminadas](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/VwTSG1HyGDrEPd4fzVfOtihRYWe7wlQfvc4tw4mp.jpeg)