luns, 19 set 2022
Abel Caballero anunciou que esta “decisión extraordinaria nun momento excepcional” beneficiará aos 25.850 estudantes vigueses que cursan ensino obrigatorio este curso. Cada alumno recibirá unha achega de 205 euros.
venres, 16 set 2022
O alcalde celebrou que o goberno municipal puidese atender esta demanda do centro “de hai 25 anos”, tras conseguir a autorización do Ministerio de Transportes para instalar un semáforo na Avenida do aeroporto, de titularidade estatal, que supón unha “contribución importante á seguridade” da comunidade educativa na entrada e saída do colexio. O alcalde visitou este venres as instalacións do Martín Códax, “un gran centro educativo con case un milleiro de alumnos”, e trasladoulle ás nenas e nenos a importancia do estudo para o seu desenvolvemento.
xoves, 15 set 2022
Para dar a benvida ao novo estudantado das diferentes titulacións da Facultade de Filoloxía e Traducción, esta mañá celebrouse un acto de apertura baixo o título "Vigo, unha cidade de novela", que contou coa presenza do alcalde.
mércores, 14 set 2022
Esta mañá o alcalde de Vigo acudiu a visitar as instalacións do CEE San Rafael, na que directivos e profesores mostráronlle o seu funcionamento. Posteriormente, Abel Caballero saudou o alumnado do centro, que o agasallaron con múltiples debuxos.
martes, 13 set 2022
Esta mañá o rexedor sinalou que entre o 14 e o 19 de setembro realizaranse 9 voos . Estes rapaces e rapazas terán 35 destinos de Irlanda e o Reino Unido.
xoves, 8 set 2022
Esta mañá volveron as aulas 39.069 estudantes na cidade, polo que o alcalde achegouse a saudar o alumnado dun colexio da cidade no primeiro día de curso académico.
mércores, 7 set 2022
A maioría da Corporación acordou esta mañá solicitarlle á Xunta a gratuidade dos libros de texto e material escolar, unha medida fundamental para axudar ás familias a afrontar un inicio de curso marcado polo incremento de prezos. A moción socialista contou co apoio do grupo Mixto e do concelleiro non adscrito e co voto en contra do Partido Popular.
martes, 6 set 2022
Esta mañá o alcalde, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o director do Campus Noroeste da UNED, Víctor Manuel González Sánchez, asinaron un novo convenio de colaboración.
xoves, 28 xul 2022
O alcalde participou no acto simbólico da primeira pedra da nova Escola Municipal Infantil de Praza da Industria, acompañado polos edís de Educación, Gorka Gómez, e Benestar Social, Yolanda Aguiar, ademais de técnicos municipais e da construtora. Este centro terá 47 prazas en dobre quenda e súmase ás nove escolas infantís xa en funcionamento.
mércores, 27 xul 2022
Tamén o Grupo Socialista aprobou a súa proposta de instar á Xunta a crear unha partida de 2 millóns de euros nos próximos orzamentos e transferilos ao Concello para asumir o custe das becas de comedor, libros e servizos complementarios.