“Vigo Educa” fomenta o coñecemento da cidade entre o alumnado vigués
O alcalde explicou este luns que o Concello retoma o programa municipal “Vigo Educa 2025”, que permite aos centros educativos mover ao alumnado para coñecer diferentes espazos da cidade.
O Concello retoma esta semana o programa municipal “Vigo Educa 2025", unha iniciativa didáctica coa que “levamos a escolares a diferentes lugares da cidade: Concello, museos e zonas para mellor e maior coñecemento” do alumnado, explicou Abel Caballero.
Con esta iniciativa, o goberno municipal ofrece o transporte gratuíto aos centros educativos da cidade para o alumnado de educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, ciclos formativos e Educación Especial co obxectivo de fomentar o coñecemento da cidade coa previsión de mover a 47.000 escolares vigueses.