O Concello atende a 239 menores vulnerables dentro do Programa socio-educativo e de apoio familiar
Cun orzamento anual de 829.000 euros, o Programa socio -educativo e de apoio familiar contou en decembro con 519 usuarios dos que 239 son menores. Case o 70% dos servizos prestados están vencellados á reforzo escolar.
Abel Caballero fixo balance esta mañá do Programa socio-educativo e de apoio familiar do Concello que ao longo do pasado mes de decembre permitiu atender a 156 familias. Trátase de 519 usuarios dos que 239 son menores. Segundo explicou, máis do 40% das familias atendidas son monoparentais.
A meirande parte do traballo deste servizo baséase no apoio socio educativo, o que supón o 68% do total das áreas de intervención. Os obradoiros de reforzo na aprendizaxe desenvólvense nos centros municipais de Coia, Rivera Atienza, Teis e Casco Vello. O importe anual do programa ascende a 829.000 euros.