Escoitar

A Casa das Mulleres e o Centro de Documentación e Recursos Feministas ofrecen unha ampla proposta cultural e didáctica

O alcalde presentou este luns o programa de actividades que desenvolverá o Concello na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación e Recursos feministas ata o próximo mes de xuño.

luns, 13 xan 2025

Abel Caballero explicou hoxe que o Centro de Documentación e de Recursos Feministas, durante o primer semestre de 2025, acollerá un total de seis faladoiros co título de "Galegas na pantalla”, así como a presentación de libros de Elena Gallego Abad, Camiño Noia, María Calado Otero, Narciso de Grabriel, Héctor Pena e da Asociación de Mujeres Xuízas de España. A oferta complétase cun total de seis cafés literarios con Celia Miralles, Clara do Roxo, Victoria Quivén, Sonia Mirón, Luisa Ocampo e María Lado, como relatoras; así como con senllos talleres de comunicación e de escritura creativa.

A Casa das Mulleres será o escenario de talleres de canto, teatro, de iniciación ao feminismo, de autoestima e autocoidado, así como de formación en monitoriado de animación sociocultural e de lecer. Tamén despregará aulas dixitais para mellorar as habilidades no uso das novas tecnoloxías.

Caballero lembrou que a consellería de Igualdade conta cun orzamento de 1.552.887 euros.

Descargar todas as imaxes