O alcalde participa na inauguración da Praza da Policía Nacional na comisaría da rúa Álvaro Cunqueiro
O alcalde destacou este luns, durante os actos de inauguración da Praza da Policía Nacional, na contorna da comisaría da rúa Álvaro Cunqueiro, e de conmemoración do 201 aniversario do corpo, a "homenaxe perenne" e o recoñecemento ao traballo que realizan os compoñentes desta forza de seguridade do Estado. Ante o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o subdelegado de Pontevedra, Abel Losada, e o xefe superior de Policía de Galicia, Pedro Pacheco, Abel Caballero lembrou que en 2024 Vigo recoñeceu o traballo da Policía Nacional coa concesión da Medalla de Ouro da Cidade.



