Alumnado do CPR Escola Rosalía de Castro participan no programa "Visita o teu Concello"
O alcalde e a concelleira de Educación saudaron este xoves aos 50 alumnos de sexto de primaria do CPR Escola Rosalía de Castro que participan no programa didáctico municipal "Visita ou teu Concello". Caballero explicou ao estudantado a importancia das decisións que adopta o goberno local e da prestación dos servizos que dependen da institución municipal na calidade de vida da cidadanía. Os escolares percorreron as dependencias do Concello de Vigo para coñecer o funcionamento dos distintos departamentos. Más de 2.500 nenas e nenos participan na iniciativa municipal que propicia o achegamento e coñecemento á institución local.
Descargar todas as imaxes